Biblioteca Queer

O Blog BiblioQueer quere ser un punto de encontro entre a comunidade LGTB e as Bibliotecas. Formado por profesionais da información e da documentación quere dar a coñecer ás persoas que traballan nas bibliotecas públicas galegas, noticias, recursos, etc. que acheguen información sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero, coa finalidade de que sirvan de intermediarios entre esta temática e os usuarios fomentando a existencia e a visibilidade de recursos LGTB nas bibliotecas.

Este grupo de traballo está aberto a todas as persoas que, desde o punto de vista do traballo na xestión da información e da documentación nas bibliotecas públicas, desexen participar nun proxecto de transformación social que fomente o coñecemento sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero.

Distribuir contenido