JUE
3 ENE
2013
13:11H

Bolsas de práctica laboral para titulados universitarios

Empresa: 
Deputación Provincial de Pontevedra
Lugar: 
Pontevedra
Oferta de trabajo - empleo: 
Bolsas de práctica laboral para titulados universitarios
Descripción: 
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 195 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos TITULADOS UNIVERSITARIOS, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.
Estudios: 
Diplomado / Licenciado
Requisitos: 
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público. 6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización. 7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. 8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Tipo de contrato: 
Beca
Salario: 
800,00 €/mes
Observaciones: 
1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente.

Contenido reciente

Fecha de modificación: 1 día 16 horas
Fecha de modificación: 1 día 17 horas
Fecha de modificación: 1 día 17 horas
Fecha de modificación: 1 día 17 horas
Fecha de modificación: 1 día 17 horas
Fecha de modificación: 1 día 18 horas
Fecha de modificación: 1 día 18 horas
Fecha de modificación: 1 día 18 horas